Xesta realiza servizos de validación de competencias transversais, selección, recolocación, capacitación e fomento do emprego no marco da igualdade de oportunidades.
Resolvemos as dificultades das empresas para localizar e seleccionar ó talento que necesitan como elemento estratéxico. Validamos nas persoas aquelas competencias transversais máis demandadas polo mercado laboral, a través dun proceso de identificación do seu nivel competencial. Potenciamos o talento transversal dunha persoa mediante accións de capacitación. Desenvolvemos procesos de asesoramento, apoio e recolocación con persoas individualmente ou como servizos integrados na oferta empresarial. Fomentamos o dinamismo no eido do mercado de traballo mediante a promoción de eventos de emprego e networking. Favorecemos a mellora da xestión de recursos humanos nun marco estratéxico fundamentado no principio de igualdade e respecto ao dereito de inclusión de todas as persoas. | ||