Social Recruitment
Xesta realiza o seu traballo de xestión de persoas e do talento no mercado de traballo da economía dixital. Como tal, unha das súas principais funcións é estar en contacto con ese talento, xerar comunidades e, en definitiva, compartir e crear coas persoas que máis aportan neste novo escenario.
Xesta oferta servizos de identificación, selección e calificación do saber facer máis activo no escenario do mercado de traballo da economía dixital.
Nethunting
Xesta concreta a busca de talento específico en Smartjob by Xesta. O aplicativo permite atopar e contactar o talento profesional que se desenvolve na economía dixital. Ademáis, neste marco Xesta presta o seu servizo de validación das competencias transversais máis demandadas polas organizacións.
Calquera persoa ou empresa poderá identificar profesionais que, a maiores de contar co saber facer que se precisa, pasaron por un proceso de validación de competencias transversais co equipo de profesionais de Xesta