Recolocación
O asesoramento e acompañamento de Xesta convértese nun beneficio para ambas partes:
A empresa minimiza as consecuencias negativas que causa a desvinculación laboral, demostra o seu compromiso co persoal que sae e co que permanece e certifica a súa responsabilidade social corporativa, fortalecendo a imaxe pública.
A persoa aprende a xestionar emocionalmente a situación, a avaliar e identificar competencias, intereses e oportunidades laborais, tomando as decisións oportunas, e a dotarse daquelas ferramentas de marketing persoal e profesional que lle aseguren unha busca de emprego activa e efectiva.