Xesta é unha iniciativa empresarial galega, con proxección global, no marco da economía dixital e da innovación no mercado de traballo.
Xesta dirixe a súa mirada cara ao talento. Un activo en alza entendido como o recoñecemento do saber facer das persoas en termos de excelencia e realización práctica que, xunto ao compromiso, repercute positivamente na empregabilidade de quen o posúe. Talento que as empresas queren identificar, atraer, reter e desenvolver para garantir a súa competitividade.
E damos un paso máis, centrando o foco da nosa acción no talento transversal. O valor diferencial de Xesta, como consultora de RRHH, está no que hoxe en día as organización están a demandar nas persoas, as súas competencias transversais.

A rede de profesionais que conformamos Xesta compartimos valores tales como o compromiso coas persoas e co seu talento, a innovación nos procesos, a aposta polas boas prácticas, o traballo colaborativo e a equidade.
Xesta realiza servizos de validación de competencias transversais, selección, recolocación, capacitación e fomento do emprego no marco da igualdade de oportunidades.
Resolvemos as dificultades das empresas para localizar e seleccionar ó talento que necesitan como elemento estratéxico. Validamos nas persoas aquelas competencias transversais máis demandadas polo mercado laboral, a través dun proceso de identificación do seu nivel competencial. Potenciamos o talento transversal dunha persoa mediante accións de capacitación. Desenvolvemos procesos de asesoramento, apoio e recolocación con persoas individualmente ou como servizos integrados na oferta empresarial. Fomentamos o dinamismo no eido do mercado de traballo mediante a promoción de eventos de emprego e networking. Favorecemos a mellora da xestión de recursos humanos nun marco estratéxico fundamentado no principio de igualdade e respecto ao dereito de inclusión de todas as persoas. | ||