Capacitación en competencias transversais
Xesta pecha a súa cadea de valor a través de oferta formativa das competencias transversais que son obxecto da nosa validación.Para Xesta a potenciación do talento transversal, entendida como a mellora do nivel no que unha persoa se sitúa respecto a unha competencia, pasa pola posta en marcha de accións de capacitación. A través dunha metodoloxía de casos favorecerase a posta en práctica das competencias.
Capacitación en competencias transversais
Nos procesos de recrutamento e no "día a día" das empresas, as competencias transversais están tendo cada vez maior relevancia fronte ás específicas da ocupación. O seu valor no desenvolvemento profesional xunto co <<expertise>> de Xesta nesta área, emprázanos como consultora de referencia para ofertar:
- Capacitación baixo demanda da empresa para maior adecuación persoa – posto - cultura da organización.
Deseñamos a partir dun proceso previo de avaliación das áreas de mellora das persoas, de identificación das necesidades do posto e sen esquecer os valores e a cultura empresarial. - Capacitación propia. Contamos cunha batería de accións dirixidas ás persoas que xeolocalizan o seu talento en Smartjob by Xesta e solicitan o noso servizo de validación.
Desenvolvemento profesional.
A través de sesións individuais e grupais, en Xesta asesoramos para mellorar as túas destrezas na busca de emprego e que te posiciones no mercado laboral da economía dixital 2.0, ademais de validar competencias transversais demandadas polo empresariado.Se queres máis información, ponte en contacto connosco e informarémosche do noso pack de Desenvolvemento Profesional
Área en construción
Igualdade de Oportunidades
Xesta concibe a atención á diversidade nunha organización como a capacidade para recoñecer e potenciar o talento que cada persoa traballadora incorpora ao equipo humano dunha empresa debido ás súas características individuais por razón de xénero, orixe, capacidades, bagaxe cultural, idade.
Neste senso, Xesta pon ao servizo das organizacións:
- A localización de talento en diferentes lugares a través da nosa plataforma Smartjobs by Xesta.
- A calificación, selección e captación do talento.
- A elaboración e desenvolvemento de plans de acollida e políticas de xestión da diversidade.
- O deseño e implantación de plans de igualdade de xénero e conciliación.